¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Secciones
Síguenos en las redes
Buscar
Idiomas disponibles

Praias de Boiro

As praias son un dos principais atractivos turísticos de Boiro, de augas tranquilas e limpas ás que non chega a forza e a bravura do Atlántico. A Retorta, Barraña-Saltiño, Carragueiros, Ladeira do Chazo, Mañóns e Piñeirón son bos exemplos de refuxios para turistas e veciños, para gozar dunha xornada relaxada e un baño tranquilo.

Praia de A Retorta

Area dourada xunto aos Baos

A praia da Retorta é a continuación de Carragueiros, desde os illotes de Os Baos. Con augas tranquilas e area dourada, esta praia é perfecta para pasar unha relaxada xornada en familia ou cos/as amigos/as.

Dende a cima do outeiro que se encontra no extremo final da Retorta podemos gozar dunha fantástica panorámica para contemplar a inmensidade da Ría da Arousa, cunhas estupendas vistas da illa da Bensa, de Cabo de Cruz ou da propia Serra do Barbanza.

Ademais, esta praia e a de Carragueiros comparten un paseo marítimo de 2km de lonxitude.

 

 

  • Lonxitude (metros): 520 metros
  • Anchura media: 19 metros
  • Ondada: augas tranquilas
  • Tipo de area: Arena dorada, grano medio
  • Ocupación tempada estival: Media
  • Servizos: aseos, duchas, papeleiras, paseo marítimo, servizo de limpeza, salvamento, sinalización do estado do mar, aparcamentos, punto accesible.



 

Praia de Barraña-Saltiño

A praia urbana, extensa e con todos os servizos

A extensa praia de Barraña, a praia urbana de Boiro, foi a pioneira do turismo no concello, con augas tranquilas e suave pendente. Alcanza dende o esteiro do río Coroño ata o final do areal de Barraña-Saltiño, en Rebordelo.

Un paseo marítimo percorre estes dous areais ao longo de 3 quilómetros onde podemos atopar un parque biosaudable, carril-bici, campo de fútbol e de voleibol-praia, área de adestramento, parques infantís e varios puntos accesibles. Así mesmo, ao longo do traxecto atópanse tamén restaurantes, grellas, un cámping e unha zona para caravanas.

 

  • Lonxitude (metros): 1530 metros
  • Anchura media: 35 metros
  • Ondada: augas tranquilas
  • Tipo de area: Arena branca fina
  • Ocupación tempada estival: Alta
  • Servizos: aseos, duchas, puntos de reciclaxe nos accesos, paseo marítimo, servicio de limpeza, pasarela de acceso, merendeiro, piñeiral, salvamento, sinalización estado do mar, aparcamento e puntos accesibles.

 

Praia de Carragueiros

O areal de moda

O extenso areal de Carragueiros, na parroquia do Castro, é unha das praias de moda cada verán na zona do Barbanza á que chegan moitos bañistas atraídos polas súas augas tranquilas, a calidade da súa area e a fermosa paisaxe, nun conxunto de praia e zona húmida.

A través dun camiño de terra podemos visitar tamén a lagoa de Carragueiros, un lugar que sirve de refuxio a unha gran variedade de aves.

Unha liña de pedregais separa a Carragueiros da praia da Retorta. Neste punto localízanse tamén uns illotes coñecidos como ‘Os Baos’, ‘O de dentro’ e ‘O de fora’, unidos a terra por un pequeno tómbolo. É fácil acceder a eles cando a marea está baixa.

 

  • Lonxitude (metros): 960 metros
  • Anchura media: 19 metros
  • Ondada: augas tranquilas
  • Tipo de area: Arena dorada, grano medio
  • Ocupación tempada estival: Alta
  • Servizos: aseos, duchas, papeleiras, paseo marítimo, servizo de limpeza, salvamento, sinalización estado do mar, aparcamentos, punto accesible.



Praia de Ladeira do Chazo

Perfecta para o baño e navegación a vela

Situada na parroquia de Abanqueiro, a praia de A Ladeira do Chazo esténdese dende a Punta do Cuartel ata a Punta de Angados. Tratase dun areal tranquilo de branca area fina e augas perfectas para o baño, e tamén para a navegación a vela.

 

  • Lonxitude (metros): 940 metros
  • Anchura media: 15 metros
  • Ondada: augas tranquilas
  • Tipo de area: Arena branca fina
  • Ocupación tempada estival: Media
  • Servizos: equipo de salvamento, papeleiras, servizo de limpeza, duchas, aseos e sinalización do estado do mar



Praia de Mañóns

Tranquilidade entre piñeiros

A praia de Mañóns, na parroquia de Abanqueiro, é una das máis concorridas cada verán, un extenso areal flanqueado polo illote dos Arredondos e a Punta do Piñeiro e rodeada de piñeiros, perfectos para unha sesta. Conta con zonas para comer e área para autocaravanas. Os solpores aquí teñen unha gran beleza.

 

  • Lonxitude (metros): 700 metros
  • Anchura media: 20 metros
  • Ondada: augas tranquilas
  • Tipo de area: Arena branca fina
  • Ocupación tempada estival: Alta
  • Servizos: aseos, duchas, merendeiro, piñeiral, servizo de limpeza, sinalización do estado do mar, aparcamentos, área de caravanas e punto accesible.



Praia de Ribeira Grande

A praia das casas de cores en Cabo de Cruz

Esta é a praia urbana da vila mariñeira de Cabo de Cruz, un areal cunha ocupación baixa no verán, con bos accesos e fantásticas vistas. A súa colorida fachada marítima fascina a todas as persoas que visitan este lugar, pois cada casa está pintada dunha cor diferente. Esta peculiaridade ten a súa orixe no traballo dos propios mariñeiros, que aplicaban ás súas vivendas a pintura que lles sobraba de pintar os barcos. Tamén se di que estes mariñeiros pintaban as casas con cores vistosas para poder distinguilas cando regresaban de faenar.
Polo paseo marítimo que arranca no porto pesqueiro poderemos chegar ata a praia de Carragueiros.

 

  • Lonxitude (metros): 300 metros
  • Anchura media: 14 metros
  • Ondada: augas tranquilas
  • Tipo de area: Arena branca fina
  • Ocupación tempada estival: baixa
  • Servizos: aseos, duchas, papeleiras, servizo de limpeza, socorristas.



Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar